xoves, 20 de marzo de 2014


O vindeiro xoves 27 de marzo terá lugar a presentación de 'A alternativa está aquí' en Santiago. O acto, no que participarán Manuel BragadoEncarna Otero e María Reimóndez, terá lugar ás 20.00 horas na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7).

O obxectivo de 'A alternativa está aquí' é dar unha visión crítica da nosa posición no mundo e entroncar os acontecementos que están a darse na nosa sociedade cos que levan décadas dándose noutras. Presenta unha panorámica de análise amena e sobre todo céntrase nas alternativas que as comunidades en xeral e en particular as mulleres dos países en vías de desenvolvemento levan formulando décadas para poder saír adiante en situacións de grande precariedade.

Tagged:

0 comentarios:

Publicar un comentario