mércores, 30 de abril de 2014



O vindeiro xoves 29 de maio terá lugar a presentación de 'A alternativa está aquí' en Oleiros. O acto, no que participarán Ana Mourelle, vicepresidenta da A. C. Alexandre Bóveda, e María Reimóndez, terá lugar ás 20.00 horas na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller 'Rosalía de Castro' de Santa Cruz. (Rúa Emilia Pardo Bazán, 17).

O obxectivo de 'A alternativa está aquí' é dar unha visión crítica da nosa posición no mundo e entroncar os acontecementos que están a darse na nosa sociedade cos que levan décadas dándose noutras. Presenta unha panorámica de análise amena e sobre todo céntrase nas alternativas que as comunidades en xeral e en particular as mulleres dos países en vías de desenvolvemento levan formulando décadas para poder saír adiante en situacións de grande precariedade.

Tagged:

0 comentarios:

Publicar un comentario