martes, 1 de abril de 2014


O ensaio de María Reimóndez atópase no primeiro posto da lista de vendas de libros en galego que publica o crítico literario Ramón Nicolás no seu blog Caderno da crítica. Concretamente, o Taboleiro do libro galego sitúa 'A alternativa está aquí' no primeiro andel da categoría Ensaio-Teatro durante o mes de marzo. O libro, que xa foi presentado en Vigo e Compostela, está previsto que se presente en maio en Oleiro e en Lugo.

O obxectivo de 'A alternativa está aquí', publicado por Edicións Xerais na colección LibroX, é dar unha visión crítica da nosa posición no mundo e entroncar os acontecementos que están a darse na nosa sociedade cos que levan décadas dándose noutras. Presenta unha panorámica de análise amena e sobre todo céntrase nas alternativas que as comunidades en xeral e en particular as mulleres dos países en vías de desenvolvemento levan formulando décadas para poder saír adiante en situacións de grande precariedade.

Tagged:

0 comentarios:

Publicar un comentario