martes, 1 de abril de 2014


O número de Marzo-Abril 2014 da revista Biblos, que publica bimestralmente Biblos clube de lectura, inclúe A alternativa está aquí como novidade editorial e, ademáis, adxunta os cinco motivos para ler o ensaio, segundo a súa autora, María Reimóndez:
  • A alternativa está aquí é un libro que fala da política que facemos no día a día mediante xestos moi pequenos que acaban por ser os xestos máis importantes.
  • É un libro arraigado na realidade, que ofrece exemplos numerosos do que xa acontece, dunha morea de iniciativas das que a maioría cidadá non adoita ser coñecedora.
  • Ademais de falar das iniciativas tanxibles, faino tamén do pensamento que é necesario para habitar un mundo diferente.
  • Busca ser ameno e axudar a vernos a nós e ás outras dun xeito crítico e seguramente distinto.
  • A alternativa está aquí tenta que ao pecharmos a páxina pasemos á acción.

Tagged:

0 comentarios:

Publicar un comentario