mércores, 7 de maio de 2014

María Reimóndez
O vindeiro xoves 22 de maio terá lugar a presentación de 'A alternativa está aquí' en Lugo. O acto, no que participarán Branca Rodríguez Pazos, Manuel Bragado e María Reimóndez, terá lugar ás 20.00 horas na Librería Trama. (Avenida da Coruña, 21).

O obxectivo de 'A alternativa está aquí' é dar unha visión crítica da nosa posición no mundo e entroncar os acontecementos que están a darse na nosa sociedade cos que levan décadas dándose noutras. Presenta unha panorámica de análise amena e sobre todo céntrase nas alternativas que as comunidades en xeral e en particular as mulleres dos países en vías de desenvolvemento levan formulando décadas para poder saír adiante en situacións de grande precariedade.






Tagged:

0 comentarios:

Publicar un comentario