xoves, 1 de maio de 2014

Andel de Fervenzas Literarias

'A alternativa está aquí' de María Reimóndez ocupa o primeiro posto na lista de vendas de ensaio en galego tan só dous meses despois de saír ao mercado. O libro, publicado por Edicións Xerais na colección LibroX, foi o máis vendido durante marzo e abril, segundo recolle o crítico Ramón Nicolás no seu blog Caderno da crítica.

O obxectivo de 'A alternativa está aquí' é dar unha visión crítica da nosa posición no mundo e entroncar os acontecementos que están a darse na nosa sociedade cos que levan décadas dándose noutras. Presenta unha panorámica de análise amena e sobre todo céntrase nas alternativas que as comunidades en xeral e en particular as mulleres dos países en vías de desenvolvemento levan formulando décadas para poder saír adiante en situacións de grande precariedade.

Este "ensaio político", que xa foi presentado en Vigo e Compostela, presentarase en maio en Lugo (22/05/2014) e en Oleiros (29/05/2014).


Tagged:

0 comentarios:

Publicar un comentario