O obxectivo desta web -ao igual que o ensaio de María Reimóndez- é dar unha visión da crise dende un punto de vista mundial e entroncar os acontecementos que están a darse na nosa sociedade cos que levan décadas dándose noutras. 

A idea é presentar unha panorámica de análise e, sobre todo, centrarse nas alternativas que as comunidades en xeral e en particular as mulleres dos países en vías de desenvolvemento levan formulando décadas para poder saír adiante en situacións de grande precariedade


Por este motivo convidamos a organizacións que traballan neste terreo (feminismo, cooperación, ecoloxía, dereitos e liberdades, educación, comercio xusto...) para que poidan mandarnos información de interese, críticas ao libro, artigos de opinión, recomendacións de lecturas, etc.

Queremos analizar as múltiples situacións que levan á crise e xerar debate na rede!

0 comentarios:

Publicar un comentario